Concello da Estrada

As seis centrais da rede de cobre que operan na Estrada cesarán definitivamente o seu servizo durante o segundo semestre de ano

  • No termo municipal o peche afectará ás centrais de Rubín, Carballeira, Souto Vea, Codeseda, Berres e A Estrada.

O Concello da Estrada trasládalle á súa veciñanza a notificación de Telefónica do peche definitivo da operatividade das centrais da rede de cobre operativas no termo municipal, programado para o segundo semestre do presente ano.

Logo do anuncio do fin de garantía emitido no mes de novembro do ano pasado, a empresa de comunicacións data para o vindeiro mes de maio o cese definitivo das súas centrais de cobre para trocalas pola nova rede de fibra óptica (FTTH) a cal presenta unhas prestacións superiores á rede antiga e precisa de menos centrais para atender ao servizo dos usuarios.

Polo tanto, ante o aviso de Telefónica, o Concello trasládalle á veciñanza que siga a facer emprego de rede de cobre de que para evitar quedar sen servizo a partir da data estipulada deberán poñerse en contacto co seu operador para mudar a un servizo de fibra ou radio.

 

Scroll ao inicio
Skip to content