Concello da Estrada

Cultura

Alvarez Insúa, Waldo

É un dos escritores máis importantes nacidos na Estrada (xuño de 1858). Finou en Madrid o 10 de agosto de 1938. Emigrado a Cuba, funda “El Eco de Galicia” e ocupa importantes cargos directivos na dirección no Centro Galego. Regresa a España onde exerce como avogado. Fundador do Centro Galego en Madrid e colaborador da prensa madrileña, principalmente en “El País” e “El Liberal”, “La Ilustración Gallega y Asturiana”, “La Esfera” e “Blanco y Negro”, segue a escribir para xornais de La Habana, Buenos Aires e o estradense “El Emigrado”.

As súas obras máis coñecidas son Ecos de mi patria, Últimos días de España en Cuba, Alma nueva, La boca de la Esfinge e Emigración. En La Habana publicou entre outros Aires da miña Terra.

Scroll ao inicio
Skip to content