Concello da Estrada

Cultura

Alonso Bernárdez, Xosé G.

Biografía

Naceu  na Estrada no ano 1.972. Realizou os seus estudos de bacharelato no IES “Manuel Garcia Barros” da Estrada, que rematou no ano1.991. A continuación encetou os estudos de Maxisterio, especialidade de Educación Infantil, en Santiago de Compostela, que rematará no 1.994, realizando a seguir estudos de Pedagogía, nos que se licenciará no 1.997, coa especialización de  Intervención Socioeducativa.

Comenzará a súa andaina profesional en “   Caritas A Estrada” a través dos seus diferentes  programas Socioeducativos e iniciativas de promoción do colectivo infantil e xuvenil. No ano 2.001 comezou os estudos de Doutoramento pola universidade Compostela no Departamento de Teoría e Historia da Educación- No ano 2.003   realiza o Máster en Desenvolvemento Local e  Comarcal polo Universidade de Santiago de Compostela.

Nos últimos anos coordina  o Programa de Dinamización Rural de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, cunha especial dedicación á comarca de Tabeirós- Terra de Montes. Ten impartido Seminarios, conferencias e grupos de Formación en relación a temáticas varias, sempre en clave pedagógico-social, de animación socio-cultural, desenvolvemento e educación comunitaria, ou educación familiar, entre as máis significativas.

A nivel individual ten publicadas dúas obras, que sen froito da súa dedicación profesional, Así temos: EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA.

ANÁLISE DUNHA EXPERIENCIA EN CURSO ( Danú S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.000) e EDUCACIÓN COMUNITARIA E ANIMACIÓN RURAL ( Danú  S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.001). Asimismo é autor de diferentes artigos, sobre todo no xornal “    El Faro de Vigo”, sempre tendo como referente o aspecto pedagógico e social.

Obras

Educación Ambiental Comunitaria

educacion ambiental

Autor: Alonso Bernárdez, Xosé G.
Editorial: Danú, S.L.
Descripción: Xorde da acción desenvolvida por Cáritas parroquial da Estrada cos nenos e nenas que participan nos seus proxectos. Pretenden confrontar a realidade coa utopía, abrir novos vieiros e acompañar desde o diálogo a futuros proxectos.

Scroll al inicio
Ir al contenido