Concello da Estrada

A Estrada acollerá este sábado o inicio do 10º Festival Convergências cun concerto de fusión tradicional galaico-portuguesa

  • O Principal será escenario do concerto que abrirá a décima edición do festival; a actuación de Canto D’Aqui e a Banda de Música de A Estrada.
  • O Convergências procura poñer en contacto a cultura galega e a portuguesa, cunha oferta multidisciplinar e de fusión, que visitará as vilas de A Estrada, Braga, Padrón e Santiago de Compostela.

O Teatro Principal da Estrada acollerá este sábado, 3 de febreiro ás 20:00 horas, a primeira xornada do 10º Convergências, cun concerto que fusionará a música tradicional portuguesa e galega a través de Canto D’Aquí e a Banda de Música de A Estrada.

A xornada marcará o comezo dunha programación multidisciplinar e de fusión co Concerto Fusão Tradicional, no que actuarán en conxunto Canto D’Aqui coa Banda de Música Municipal de A Estrada.

A cita incluirá a execuxión de temas tradicionais baixo a reinterpretación de Filipe Cunha, autor portugués que engadiu novas sonoridades. A través dela o público que se dea cita no Principal terá a ocasión de tomar contacto coa cultura do país lusitano mediante a súa música popular, conxugada coa banda de música local.

A programación desta décima edición, que discorrerá ata o 9 de marzo, contará con diversas actividades musicais, de danza, teatro e literatura, en diversos lugares das xeografías galegas e portuguesas, contando con actividades en Braga, Padrón, A Estrada e Santiago de Compostela.

Scroll ao inicio
Skip to content