Concello da Estrada

Concello da Estrada imparte clases extraescolares en competencias dixitais (totalmente gratuito)

Desde a concellería de Xuventude do Concello da Estrada e a través de Cibervoluntarios e coa financiación do Ministerio de Xuventude, poñemos en marcha para o curso académico 2024-2025 un CAMPAMENTO DIXITAL, cuia finalidade é formar á nosa xuventude en competencias dixitais, algo absolutamente básico na actual sociedade na que vivimos e necesario para acceder no futuro ao mercado laboral, e á súa vez, favorecer a conciliación das familias estradenses, sen necesidade de que teñan que incurrir nun gasto extra.

O campamento dixital é unha actividade que será TOTALMENTE GRATUÍTA para os seus participantes e da que se poderán beneficar nenos e nenas desde os 9 ata os 17 anos.

Cada alumno/a terá un crédito horario total de 30 horas que se distribuirá en sesións de 2 horas diarias durante dous días á semana, é dicir, 7 semanas.

As sesión terán lugar na aula Cemit da Fundación Cultural da Estrada. En cada sesión o alumnado participante irá adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de xeito creativo, útil e responsable.

Os contidos das actividades axustaranse á idade das persoas participantes que se agruparán en dous grupos de traballoao frente do cal estarán varios docentes.

Os campamentos darán comezo os 14 e 15 de outubro; un grupo comprenderá o alumnado de 9 a 13 anos e o outro grupo será o que comprenda aos alumnos/as de entre 14 a 17 anos:

Curso: Campamento dixital L2 con Concello de A Estrada

Línea de acción: L2 (14-17 anos)

Programación: Todos os luns e xoves do 14 de outubro ao 2 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas

Modalidade: Presencial

Curso:Campamento dixital – L 1.1 + L1.2 con Concello de A Estrada

Línea de acción: L1.1 (9-11 anos) + L1.2 (12-13 anos)

Programación: Todos os mércores e venres do 16 de outubro ao 3 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas

Modalidade: Presencial

Ao finalizar o campamento, cada alumno recibirá un certificado DigComp de aproveitamento.

O campamento manterase ao longo de todo o curso escolar, se ben, as persoas participantes só poden facelo unha vez.

Con esta actividade, xunto con moitas outras que nas que xa estamos a traballar, desde a concellería de xunventude queremos mostrar o total compromiso que o Concello da Estrada ten coa nosa mocidade, sendo o piar principal e de futuro do noso pobo.

O prazo de inscrición ábrese este martes, 24 de setembro e permanecerá aberto ao longo de todo o curso, se ben, as prazas iranse asignando por riguroso orde de inscrición.

INSCRICIÓNS: As persoas interesadas inscribiranse a través do enderezo electrónico: aedl@aestrada.gal

No contido da mensaxe debes facer constar:

NOME E APELIDOS DO/A MENOR

DATA DE NACEMENTO

DATOS DE CONTACTO DO TITOR/A

Scroll ao inicio
Skip to content