Concello da Estrada

II Andaina ‘Camiño Miñoto en Flor’

II Andaina ‘Camiño Miñoto en Flor’


24/03/2024

O Concello da Estrada organiza a segunda edición do roteiro ‘Camiño Miñoto en Flor’ para dar a benvida á primavera. A cita terá lugar o domingo, 24 de marzo, con saída ás 9:30 horas desde a igrexa de Pardemarín.

O itinerario da ruta terá unha distancia total de 15 quilómetros, divididos en dous tramos con percorrido circular. O primeiro deles, cunha lonxitude aproximada de 7 quilómetros, corresponde ao Camiño Miñoto, e desenvolverase desde o punto de encontro, na parroquia de Pardemarín, ata o viveiro de fruticultura de Biofruitgalicia, no lugar de Ancorados. O segundo tramo, cunha distancia aproximada de 7,5 quilómetros, correspóndese coa Ruta da Sidra e transcorrerá desde o lugar de Ancorados ao lagar de Sidra Rabiosa, en Pardemarín.

Ambos os dous tramos contarán ao remate cunha etapa de avituallamento, nas que se degustarán diversos produtos estradenses, sidras e zumes da localidade. Ademais, as persoas participantes na andaina, gozarán da paisaxe conformada polos arandos en flor no lugar de Ancorados.

As persoas interesadas en asistir, poderán inscribirse a través de WhatsApp, contactando cos teléfonos 657 185 557 ou 686 413 824.

.

Scroll ao inicio
Skip to content