Concello da Estrada

Novas

35º Feira do Moble de Galicia

O certame acada a súa 35ª edición e nela ofrecerá un amplo escaparate de exposición e comercialización de mobles, complementos, artigos de  decoración e outros útiles e prestacións para o equipamento do fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en 4 pavillóns.

Un nutrido número de firmas chegadas de puntos tan diversos coma Valladolid, Toledo, Asturias, Alicante, Ponferrada, Madrid, Bizkaia, Ciudad Real ou Portugal presentarán, xunto a diferentes firmas galegas, tanto antigüidades coma as últimas novidades en materia de mobiliario, tapicería, decoración, menaxe ou complementos do fogar.

O horario de apertura do recinto feiral abrangue de 11.00h a 20.00h da tarde, de maneira interrompida. A primeira xornada do día 14 a entrada será de balde.

Con máis de tres décadas de traxectoria, esta cita estradense supón un escaparate de referencia para o sector do moble, a decoración e os artigos do fogar. Así, a Feira do Moble de Galicia está orientada tanto á satisfacción do público particular -que atopará un amplo abano de posibilidades para amoblar ou equipar o seu fogar- coma ao profesional, con atención neste último caso á ampliación de mercados e carteiras de clientes nun momento no que o auxe do sector inmobiliario está a realzar a comercialización de mobles e produtos afíns.

Entre os sectores representados no  certame, xunto coas propostas de mobiliario o visitante atopará tamén decoración, descanso, tapicería, electrodomésticos, automatismos ou enerxías renovables, entre outras áreas de equipamento do fogar.

Data: 14 ao 17 de setembro de 2023

Horarios: de 11 a 20 horas ininterrompido.

Localización: 5 pavillóns do Recinto Feiral de A Estrada

Scroll ao inicio
Skip to content