Concello da Estrada

Punto de Información Catastral (PIC)

Está situado na 3ª planta do Concello. O horario de atención ó público é de luns a venres das 9:00 ás 14:00 horas – Servizo Gratuíto
 
Os servizos electrónicos que poden prestarse no PIC:
  1. Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta de cartografía.
  2. Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles.
  3. Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  4. Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas naquelas solicitudes.
  5. Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas lindeiras, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores nos termos establecidos no artigo 53.1 c), d) e e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
 
 logosedegrandepresen pic
 
 
 
 

Scroll ao inicio
Skip to content