(05/04/2021) AVISO IMPORTANTE!!! CAMBIO LUGAR REALIZACIÓN 1ª PROBA BOLSA ADMINISTRATIVOS/AS (FUNCIONARIOS INTERINOS)
Para poder garantir con maior seguridade as medidas de prevención COVID-19, a primeira proba do exercicio obrigatorio do proceso selectivo para a elaboración dunha Bolsa de emprego de Administrativos/as de Administración Xeral (C1), terá lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), ás 10 horas do día 12/04/2021.
(05-04-2021) Bases da convocatoria para a elaboración dunha lista reserva de profesores/as de frauta traveseira para o Conservatorio Municipal (persoal laboral temporal).
(31-03-2021) Bases para a contratatación de 20 persoas desempregadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2021.
(26-03-2021) Listado defintivo de admitidos/as e excluidos/as do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego de administrativos/as (persoal funcionario interino).
(16-03-2021) Listado provisional de admitidos/as e excluidos/as para a elaboración dunha bolsa de emprego de administrativos de administración xeral (funcionarios interinos).
(12-03-2021) PLAN CONCELLOS 2021 (LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS)
A Xunta de Goberno Local da Excma. Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 5 de marzo de 2021, concedeu a este concello unha subvención por importe de 240.783,68 €uros, ao abeiro do Plan Concellos 2021, correspondente á liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. (BOP n.º 1, do 04/01/2021).
O obxecto desta subvención é a contratación de 20 persoas desempregadas inscritas no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes OCUPACIÓNS:
- Conserxe
- Oficial 1ª Fontaneiros/as
- Electricista (axudante)
- Oficial 1º Albaneis
- Peón forestal
- Peón de obras públicas
- Condutor/a camión