Que é ? |
A dispensa de pagar o imposto sobre vehículos do que se poden beneficiar, entre outros, os coches adaptados para minusválidos ou os vehículos con un antigüidade superior aos 30 anos. |
Quen o pode solicitar ? |
Os propietarios dos vehículos. A lista completa de exencións ou bonificación pode consultarse no artigo 4 da Ordenanza fiscal |
Que documentación hai que presentar ? |
A solicitude cuberta. - No caso de exención por minusvalía, indicaranse as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio. - No caso de vehículos con antigüidade superior aos 30 anos, acreditación da mesma. Os anos contaranse a partir da data da súa fabricación, se esta non se coñecese tomarase como tal a súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar. |
Canto custa ? |
A tramitación é gratuíta. |
Cando se pode facer ? |
Antes do 31 de decembro de cada ano. A exención terá efectos no exercicio seguinte ao que se fixo a solicitude. |
Como e donde hai que presentalo ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
45 días. |
Que documentación entrega o Concello ? |
Comunicación do decreto de concesión da exención. |
Onde podo atopar máis información ? |
- Consultando a Ordenanza fiscal. |