Imposto sobre actividades económicas - IAE

 
Que é ? É un tributo que grava a realización de actividades empresariais, profesionais e artísticas.
Quen ten que pagalo ?

As empresas ou sociedades civís que realicen algunha desas actividades, cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa superior a 1 millón de euros.

Segundo o artigo 83 da Lei de Facendas Locais, estan exentos :
  -As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.).
  -As empresas ou sociedades civís que inicien o exercicio da súa actividade en territorio español, durante os dous primeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva a mesma.
Hai algunha bonificación ? As bonificacións son as previstas no artigo 89 da Lei de Facendas Locais.
Como se tramita ? Os trámites varían segundo se trate dunha :
Alta ou Baixa no Imposto.
Modificación de elementos tributarios.
- Solicitude exención ou bonificacion 
Canto custa ? Segundo a Lei 39/88 de Facendas Locais, as cotas anuais resultan de aplicar as Tarifas do Imposto aprobadas por R.D.L. 1175/1990 e o RDL 1259/1991 un coeficiente de ponderación que varía entre o 1,29 e o 1,31 segundo a cifra de negocios do suxeito pasivo.
Cando hai que pagalo ? Calendario do Contribuinte.
Como se paga ? - Nas oficinas do ORAL - Av. Benito Vigo, 51 - A Estrada.
- Mediante Domiciliación bancaria.
Onde podo atopar máis información ? - Na Lei de Facendas Locais - artigos 79 a 92
- Consultando a Ordenanza fiscal.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1