Bonificacións

Bonificacións fiscais nos impostos e taxas municipais

Neste documento recóllense as posibilidades que as persoas con menores recursos económicos, as familias numerosas, os veciños de núcleos rurais, os discapacitados, os propietarios de vivendas de protección oficial, ... teñen de pagar menos impostos e taxas ao Concello.



ACTIVIDADE ECONÓMICA

Imposto
Actividades
Económicas
IAE
NON terán que pagar o IAE :
  • As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.).
  • As empresas ou sociedades civís cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa inferior a 1 millón de euros.
  • Aquelas empresas con cifra de negocios superior a 1 millón de euros se inician no 2003 a súa actividade.

ACTIVIDADE ECONÓMICA

Imposto
Bens
Inmobles
IBI
  • Bonificación do 90% durante un período máximo de 3 anos os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, sempre que non formen parte do seu inmobilizado.

    Debe solicitarse antes do comezo das obras, presentando os estatutos da sociedade e a certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance (para os efectos do imposto de sociedades), sobre a non inclusión no inmobilizado do inmoble obxecto de bonificación.

BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

Garderia
Infantil
  • Redución do 10% ao 100% nas cotas mensuais da Gardería Infantil segundo ingresos da unidade familiar.

BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

Taxas por
Sumidoiros,
Recollida de Lixo
e Auga
- Bonificación do 50 % ás persoas en situación de parados ou xubilados que acrediten as condicións seguintes:
  • Non posuír a unidade familiar, ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, incluíndo no mesmo o subsidio por desemprego.
  • Non ser propietario ou usufrutuario de bens rústicos ou urbanos (agás a propia vivenda se o seu valor catastral non supera os 24.040,48 euros ) nin titulares no exercicio de actividades suxeitas o IAE.
  • As persoas en situación de paro, ademais das anteriores condicións, terán que levar desempregados cando menos seis meses dos doce anteriores ao devengo da taxa correspondente.
- Bonificación do 95 % ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

Axuda no
Fogar
  • Bonificación de ata ao 100 % segundo os ingresos e ao numero de membros da unidade familiar de convivencia.
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

Expedición de
Documentos
Administrativos
  • Exención total ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.

BONIFICACIÓNS AOS
DISCAPACITADOS

Imposto
Vehículos
  • Exención do pagamento nos vehículos para persoas con mobilidade limitada e tamén os matriculados por persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% e que sexan para o seu uso exclusivo (aínda que non os conduza).
    Debe solicitarse antes do 1 de maio, achegando o certificado de minusvalía e a ficha técnica do vehículo ou, en caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos, a acreditación ou compromiso de uso exclusivo.
BONIFICACIÓNS ÁS
FAMILIAS NUMEROSAS

Imposto
Bens
Inmobles
IBI
Na vivenda que sexa a residencia habitual da familia numerosa e sempre e cando os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 3.500 euros.
  • Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
  • Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 70%
  • Familia numerosa de honor : Bonificación do 90%

Debe solicitarse no Concello antes do 1 de xuño, presentando o título de familia numerosa.

- bonificación pendente de aprobación definitiva -

BONIFICACIÓNS S
FAMILIAS NUMEROSAS

Conservatorio
Profesional
e Escola de
Música
Municipal
Nas cotas do Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal :
  • Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
  • Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 75%
  • Familia numerosa de honor : Bonificación do 100%
BONIFICACIÓNS ÁS
FAMILIAS NUMEROSAS

Gardería
Infantil
Nas cotas da Gardería Infantil :
  • Bonificación do 20 %
OUTROS BENEFICIOS FISCAIS
 
Imposto
Bens
Inmobles
IBI
Bonificación do 37,5 % por cento durante 3 anos na cota íntegra do IBI os inmobles de natureza urbana que segundo as vixentes Normas de Ordenación Subsidiarias de Planeamento Municipal :
  • estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo urbano non consolidado.
  • estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo apto para urbanizar.
  • estean situados fóra das zonas delimitadas como solo urbano e solo apto para urbanizar.
Están exentos do pagamento :
  • os inmobles urbanos cun recibo inferior a 6 euros.
  • os inmobles rústicos dun mesmo propietario e cunha cota agrupada inferior a 6 euros.

- bonificación e exención pendentes de aprobación definitiva -

OUTROS BENEFICIOS FISCAIS
Imposto
Vehículos
  • Non terán que pagar os vehículos que teñan máis de 30 anos ou estean calificados como históricos.

    Debe solicitarse antes do 1 de maio, presentando no seu caso o documento de catalogación como vehículo histórico.
PROTECCIÓN E DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE

Imposto
Bens
Inmobles
IBI
  • Exención para as superficies de montes poboados con especies de crecemento lento para a produción de madeira, con densidade normal, sen necesidade de solicitude.
  • Exención durante 15 anos para as superficies de montes repoboados ou con rexeneración de masas, con proxectos de ordenación ou planos técnicos aprobados pola administración forestal.
    Debe solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando a certificación acreditativa emitida pola Dirección Xeral de Montes.

PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA

Imposto
Bens
Inmobles
IBI
  • Exención sen necesidade de solicitude, para os bens comunais e os montes veciñais en man común.
  • Bonificación do 95% para os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.
    Deberá solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando o certificado acreditativo da condición de cooperativa agraria ou de explotación comunitaria da terra.

PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA

Imposto
Vehículos
  • Exención para os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria provistos da Cartilla de Inspección Agrícola.
    Debe solicitarse, antes do 1 de maio.
VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

Imposto
Bens
Inmobles
IBI
  • Os propietarios dunha vivenda de protección oficial (ou autonómica asimilada) terán dereito a unha bonificación no recibo do IBI do 50 % durante os primeiros tres anos e do 25% nos tres seguintes.

    Deben solicitala no Concello presentando a cédula de cualificación definitiva e a documentación acreditativa da propiedade.
MÁIS INFORMACION
  • Nos Servizos Económicos do Concello
    Praza da Constitución, s/n.
    36680 A Estrada.
  • Chamando aos teléfonos : 986.570.030 - 986.570.165.
  • Axuda do Cidadán.
  • e-mail :Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    En calquera deles facilitarémoslle canta información e asesoramento precise, así como impresos de solicitude, ordenanzas, lexislación aplicable, ...

Data de actualización: 01/05/2003

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1