Modificacións

 

Imposto sobre Actividades Económicas - Altas, Baixas, Modificacións

Que é ?
Declaración que se fai para comunicar altas, baixas, variacións ou rectificacions no padrón do Imposto sobre actividades económicas
Quen o pode solicitar ? As persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade empresarial, profesional ou artística na Estrada .
Que documentos hai que presentar ? 1. Declaración segundo o modelo oficial que se pode recoller na Intervención Municipal.
2. Copia do DNI de quen a presenta.
Canto custa ?
A tramitación é gratuíta.
Cando hai que facelo ? Os prazos son diferentes en cada un dos casos :

- Alta : dentro dos 10 días hábiles inmediatamente anteriores ao inicio da actividade.

- Baixa: un mes a partir da data de peche.

- Variación dos elementos tributarios (cando estes excedan do 20 %): un mes a partir da data na que se fixo a variación.
Como e onde hai que presentala ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? Immediata.
Que documentación entrega ao Concello ? Segundo o caso, documento de liquidación, recibo ou comprobante da actuación efectuada e copia da declaración presentada.
Onde podo atopar máis información ? - Na Lei de Facendas Locais - artigos 90 a 92.
- Consultando a Ordenanza fiscal.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1