Con data de 4 de xaneiro de 2018 procedeuse polo Pleno da Corporación á aprobación inicial do Regulamento de Organización do Servizo Socioeducativo “Espazo Concilia A Estrada”.
Faise público o Acordo a efectos de que os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Servizos Sociais do Concello, e realizar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, no prazo de 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao de publicación do presente no Boletín Oficial da Provincia.
De non presentarse reclamacións ou suxestións dentro de prazo, o Acordo, ata entón provisional, entenderanse definitivamente adoptado, procedéndose á publicación no BOP do texto íntegro da Ordenanza modificada.