Estudo de Detalle de esquina Avda. / Fernando Conde con 2ª Travesía

11 Abril 2013

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 25.02.13, aprobou inicialmente o Estudo de Detalle de esquina Avda. / Fernando Conde con 2ª Travesía, A Estrada, provincia de Pontevedra, promovido por D. José Manuel Canicoba Rodríguez (asinado polo arquitecto, D. Juan C. Picáns Villar,  visado en data 28.01.13)

O que se somete a información pública durante o prazo de 20 días computado a partires da publicación deste Edito no Diario Oficial de Galicia, con independenza da súa publicación nun diario de gran difusión provincial, e, sen prexuízo da súa notificación individual aos propietarios e interesados afectados, para coñecemento, e para a eventual presentación de reclamacións/obxecións/suxestións perante o Concello polos posibles interesados.

* Lugar e horario de consulta: dependencias do Departamento de Urbanismo da Casa Consistorial ( 1º andar), de luns a venres, entre as 09:00 e as 14:00 horas.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1