Programa de Garantía Xuvenil

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia.

 

Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

 

 

Que medidas se van a implantar?

 

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia contempla un catálogo de medidas axustadas aos distintos perfiles de mozos e mozas entre 16 e 29 anos.

 

As medidas vertébranse en torno a catro eixes principais:

 

1.- Mellora da intermediación: Orientación laboral, información laboral e acompañamento, actuacións con axencias de colocación, etc.

 

2.- Mellora da empregabilidade: Programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais en empresas.

 

3.-Estímulos á contratación: Incentivos á contratación indefinida, á contratación temporal así como á transformación de contratos temporais en indefinidos compatibles coas bonificacións das cotizacións á Seguridad Social para as empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil.

 

4.- Fomento do emprendemento: Entre as que se inclúen axudas para a creación do propio posto de traballo xa sexa de forma individual como traballadores ou traballadoras autónomas ou xa sexa de forma colectiva constituíndo cooperativas.

 

 

Cal é o obxectivo?

 

É un programa dirixido a todos os que tedes entre 16 e 29 anos a través do cal pretendemos garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén busc ofrecervos experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

 

Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:

 

- Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.


- Ter o empadroamento en calquera localidade do territorio nacional español.


- Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.


- Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.


- Non ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.


- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.

 

 

Como podo inscribirme?


Para acceder é necesario cumprir as condicións anteriores. En caso contrario, non se poderá facer efectiva a inscrición.

 

Con carácter previo á inscrición, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social realizará os controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos anteriores.

 

Unha vez realizada a inscrición a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado, cada unha no marco das súas competencias, as empresas que consideren aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para este suposto, así como as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo, poderán ofrecer algunha das medidas ou actuacións recollidas no catálogo do Plan de Implantación de la Garantía Xuvenil e na Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven.

 

 

Pasos para darse de alta no sistema
Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil deben cumprirse os requisitos establecidos e acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse.

 

Presentámoste varias opcións:

 

1. Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado
A forma máis sinxela e rápida de acceder ao rexistro é a través de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido ou outros medios que se establezan normativamente e que se habilitarán para o seu emprego por parte das persoas usuarias.

INFORMACIÓN PARA OBTELO

 

2. Acceso con usuario e contrasinal
Os mozos e mozas interesados en iniciar a inscrición telemática que non dispoñan de identificación electrónica poderán solicitar o seu usuario e contrasinal enchendo o adxunto formulario de solicitude e contrasinal entregándoo en calquera das oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia ou das entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Despois de entregar o impreso, o interesado recibirá por correo electrónico a comunicación do seu código de activación que deberá introducir no enlace Activar usuario situado na páxina de acceso ao Sistema para obter o seu contrasinal.

Este código de activación tamén se pode solicitar por correo electrónico enviando o nome completo, DNI, teléfono mobil e correo electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do teléfono 012.

 

3. Outras formas de acceso
A inscrición débese realizar por vía telemática en todos os casos coa excepción de aquelas persoas que se atopen en risco de exclusión social que conten co certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida. Estas persoas poderanse inscribir mediante a presentación do formulario de inscripción ao sistema de garantía Xuvenil adxunto formulario nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia e das Entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

 

Procedemento de atención ao beneficiario
O procedemento desde que un usuario cursa a súa inscrición abrangue estes catros pasos:

Inscrición telemática no rexistro do SNGX.
Incorporación ao sistema e elaboración do perfil.
Notificación da resolución de inscrición.
Proposta de actuación.

 

INICIAR INSCRICIÓN

 

ENLACE AO MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL

 

ENLACE Á XUNTA DE GALICIA (GARANTÍA XUVENIL)

 

Información de contacto
Teléfono: 012/ 060

 

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1