O Concello da Estrada habilita un servizo para a tramitación urxente do Bono Social Eléctrico

15 Abril 2020

O Concello da Estrada a través da Concellería de Servizos Sociais, pon á disposición de todas as persoas interesadas un servizo para a tramitación urxente do BONO SOCIAL ELÉCTRICO.


Todas as persoas que o desexen e baixo cita previa poden acollerse a este servizo chamando aos teléfonos 986 677 740 ou  986 570 030.


Aquelas familias que teñan dereito ao bono social poden beneficiarse dun desconto na súa factura eléctrica do 25% ou 40% segundo o seu grao de vulnerabilidade, para facilitar que se poida pagar a factura.  


Asi mesmo, o bono social eléctrico faise extensible aos autónomos que por mor desta crise tiveron que cesar a súa actividade ou que poidan acreditar  unha reducción do 75% na súa facturación.


As persoas que xa teñan o bono social e que lles caduque estos días, NON TEÑEN QUE SOLICITAR A RENOVACIÓN, a mesma será feita de oficio polas eléctricas prorrogandose ata o mes de setembro.


O Concello da Estrada retoma así mesmo a tramitación das AXUDAS URXENTES PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA, en virtude das cales as persoas beneficarias do bono social nun 40% teñen dereito a unha axuda da Xunta de Galicia para pagar o total das facturas eléctricas de 300 euros de forma xeral e de 450 € no caso das familias numerosas. O procedemento para tramitar esta axuda é tamén baixo cita previa ao ter que facerse de maneira presencial nas instalacións municipais.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1