O Servizo de Atención temperá ten como finalidade promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
As familias que precisen información ou poñerse en contacto co servizo, poderán facelo no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou no teléfono 986573265.