Convocatoria de axudas complementarias ás do programa do bono de alugueiro para persoas vítimas de violencia de xénero

22 Mai 2020

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 de concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

 

Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social ou do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aqueloutras que resulten beneficiarias en virtude das actuais convocatorias.

 

Será requisito necesario para ser persoa beneficiara destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.

 

A contía da axuda será polo importe da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria non subvencionado no marco dos programas do bono de alugueiro social ou, de ser o caso, do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

 

A axuda terá unha duración máxima de sete meses, desde o 1 de xuño ata o 31 de decembro de 2020.

 

Pagamento da subvención


O pagamento da subvención complementaria será mensual e realizarase mediante transferencia bancaria na conta da persoa arrendadora que conste no expediente do bono de alugueiro social ou, de ser o caso, do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

 

 

O Concello da Estrada pon á disposición da persoas beneficarias destas axudas os seus medios técnicos para realizar a tramitación das mesmas.

Para máis información chamar ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1