Convocatoria para a concesión de Axudas Municipais de apoio á escolarización para o curso 2018/2019 para adquisición de libros e material escolar

Ábrese o prazo para solicitar axudas á escolarización de nenos de 3 a 5 anos na Estrada.

 

A partir de mañá día 1 de agosto, e ata o vindeiro 14 de setembro, ábrese o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros e material escolar, unha iniciativa de apoio á escolarización de nenos e nenas de entre 3 e 5 anos no concello da Estrada. A contía desta axuda será dun máximo de 100 euros por alumno.

 

Os requisitos para poder optar a esta axuda son, entre outros, que o alumno solicitante estea empadroado no termo municipal da Estrada e que estea matriculado para o curso 2018/2019 no segundo ciclo de educación infantil en centros públicos ou sostidos con fondos públicos da localidade, segundo explica a concelleira de educación, Amalia Goldar.

 

Aínda que a contía máxima é de 100 euros por alumno, esta cantidade pode ser superada e poderase sufragar o gasto real en libros e material escolar, se así o xustifica o traballador social para o caso en que así o precisen as familias solicitantes, apunta a concelleira.

 

Cómpre sinalar que o gasto para o que se pida a axuda deberá estar debidamente acreditado e que, baixo o concepto de material escolar, inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e das súas técnicas de ensino.

 

Para solucionar calquera dúbida que poidan ter os solicitantes pódense consultar as bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial Provincial, a páxina web do Concello ou acudir ao departamento de Servizos Sociais en horario de atención ao público, de 9 a 14 horas.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1