La Habana: Actividades

16 Mai 2010
Visitas: 9740

escudo habana

 

CENTRO DE LA HABANA - ACTIVIDADES

 

 

Ao redor de cen persoas participan no acto do Día do Emigrante de Fillos da Estrada na Habana

Proxectouse o documental Oriúndos protagonizado por socios e socias da entidade

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada celebrou o pasado 14 de decembro a súa actividade anual en saúdo ao Día do Emigrante e polo fin de ano, no salón de actos a Asociación Canaria de Cuba Leonor Pérez Cabrera da capital cubana, coa participación de case un centenar de asistentes.

O encontro comezou cun forte aplauso tributado ao presidente da entidade, Servando Oubel Feros, e aos directivos e directivas Sofía Soto González, Mariño López López, Carmen Fariñas Durán e José María Teo Barcalá, todos naturais da Estrada que emigraron a Cuba desde moi novas.

O directivo Antonio Torres Pérez declamou o poema “Que sorte”, inspirado nunha canción de Alberto Cortés, e a continuación proxectáronse fragmentos do documental Oriúndos, material audiovisual realizado pola sociedade no ano 2008 que recolle valiosos testemuños da vida destas persoas emigrantes e doutras xa falecidas, como Luís Barros Brea, Pelayo Torrado Ponte, Dores Bermúdez Chedas e o profesor Manuel Pena Villamañán.

A pincelada cultural estivo a cargo do grupo infantil de danza Sorriso cubano de Fillos da Estrada na Habana e que está dirixido pola profesora Ruth Díaz Babot que interpretou unha selección de números do folclore galego. Concluída a presentación ofreceuse un bufete ás persoas participantes na cafetería  ao aire libre desta sociedade.

 

estradenses en Cuba 2013   Un brindis por La Estrada   Jose Manuel Teo Barcala Vea

Estradenses en Cuba. 2013.Celebración do fin de ano.

 

 

 

O estradense Marino López López fixo un brinde pola Estrada.

 

 

 José Manuel Teo Barcala. (Vea, San Julián)

 

 

 Servando Oubel centro Remesar    En el Castillo de Jagua    Estradenses en Cuba- Fin de Ano
 O presidente dos estradenses de Cuba, o emigrante Servando Oubel Feros , (centro) (Remesar) á súa dereita o vicepresidente, José Antonio Villanueva Sedes.    No afamado restaurante Castelo de Jagua, no Vedado da capital celebrouse o VIN encontro cos oriúndos da Estrada, e xantar de confraternidade polo fin de ano.    Medio centenar de estradenses, descendentes e amigos da Estrada en Cuba celebraron cun almorzo o  fín de ano.

 

NOTA:

Durante o encontro fixo uso da palabra a secretaria social, Gódula C. Rodríguez Señarís, quen lembrou aos participantes as orixes desta celebración con emigrantes naturais da Estrada, unha celebración que xa chegou este ano á súa VIN edición, así mesmo falou sobre os preparativos que levan a cabo para a celebración do centenario da sociedade no ano 2015. Entre os invitados ao xantar atopábase a nova e talentosa directora da Banda Nacional de Concertos de Cuba, Verónica do Porto, quen traballa na instrumentación de dúas das obras do profesor Javier Comesañas Pereira, "Cen anos hai" e "Evocación habanera" coa finalidade de que a interprete esta prestixiosa agrupación musical durante os actos de celebración do centenario de Fillos da Estrada na Habana en 2015.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1