X Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2019

13 Mai 2019

cartel campus

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a sétima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 200+100 prazas por quenda. Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

 

A actividade está dirixida para nenos/as de 5 a 15 anos, nados/as entre o ano 2004 e o ano 2014, e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas.

 

O prezo será de 80 euros por participante e mes. O único desconto no prezo será segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 60 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 30 euros e a partir do cuarto membro o prezo será gratuito, non habendo opción de facer inscricións por quincenas.

 

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. De quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles nenos/as que non se atopen empadroados no noso concello.

 

As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo, atletismo, judo, kárate e xogos predeportivos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalacións das piscinas municipais.

 

Descargar información completa.

Descargar ficha inscrición.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1