A VII Milla San Silvestre Estradense celebrarase o día 31 e contribuirá coa Operación Quilo de Nadal

 A retirada de dorsais será a partir das 16 horas.

 

Unha vez  máis, co remate do ano, chega a Milla San Silvestre estradense, que xa vai pola súa sétima edición e que está organizada polo Concello da Estrada. Será o 31 de decembro a partir das 16.00 horas  coa retirada de dorsais na Praza da Constitución (Praza do Concello). Os interesados en participar xa se poden inscribir ata o 29 de decembro e deberán cumprimentar un formulario, no que conste nome, apelidos e data de nacemento, na páxina web www.emesports.es A inscrición é gratuíta, aínda que na retirada de dorsais os participantes deberán entregar a cambio un quilo de comida non perecedoira que se destinará a Cáritas Parroquial, dentro da Operación Quilo de Nadal.

 

VII Milla San Silvestre presentacionHaberá diversas categorías e percorridos con distancias adaptados a cada unha delas, e tamén distintos horarios. Ás 17.00 horas arrancarán os Pitufos, nados no 2012 e posteriores, que recorrerán 100 metros. Ás 17.15 horas será a quenda das categorías Prebenxamín ata a Infantil, que son os nados entre os anos 2011 e 2004. Correrán 800 metros. E por último, de Cadetes ata Veteranos (nados nos anos 2003 e anteriores) comenzarán a carreira dunha milla (1.609 metros) ás 17.30 horas.

 

A carreira dos de categoría Pitufos discorrerá polas inmediacións da Praza do Concello e polos xardíns anexos a mesma, será o circuíto verde. A carreira da categoría Prebenxamín ata Infantil discorrerá por un circuíto urbano pechado ao tráfico de aproximadamente 800 metros de lonxitude (circuíto vermello) o que haberá que dar unha volta para completar a distancia. A saída e a meta situaranse na Praza do Concello. Mentres, a carreira da categoría Cadetes ata Veteráns discorrerá por un circuíto pechado ao tráfico de aproximadamente 800 metros de lonxitudes (circuíto vermello) no que haberá que dar dúas voltas, contando cunha distancia total de 1.600 metros para completar toda esta. A saída e a meta será tamén a Praza do Concello.

 

O termo de todas as carreiras todos os participantes serán obsequiados ca degustación de chocolate quente e produtos de repostería. Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán durante a chocolatada é obrigatorio levar o dorsal ben visible. 

 

Descargar máis información.

cartel SAN SILVESTRE

 * Prema sobre a imaxe para ampliala.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1