V Campus Deportivo de Nadal Concello da Estrada 2018

O departamento de deportes oferta para as vacacións navideñas, a quinta edición do Campus Deportivo de Nadal do Concello da Estrada.

 

CARTEL campus NADAL 2018 2019A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 25 euros por participante e variará segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 15 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 10 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito. O campus está aberto para nenos e nenas empadroados ou non no noso concello.

 

As actividades que oferta o Campus Deportivo de Nadal son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, tenis, ciclismo, obradoiros e xogos de iniciación para os máis pequenos.

 

Non hai limite de prazas para a inscripción, pero para que se leve a cabo o campus terá que haber como mínimo 10 inscritos.

 

A duración do Campus Deportivo de Nadal é dende o luns día 24 de decembro ata o luns día 7 de Xaneiro. Os 8 días que haberá actividade serán o 24, 26, 27, 28 de Decembro e o 2, 3, 4 e 7 de Xaneiro.

 

O prazo de inscrición é dende o vindeiro luns día 3 de decembro e remata o mércores día 14 de Decembro. Os interesados en formalizar a inscrición -sen realizar pago de ningún tipo- deberán de facelo de forma presencial no departamento de Estatística do Concello (planta baixa) e a continuación presentalas no Rexistro Central do Concello. A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas. O pago farase o principio da actividade.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1