Solicitudes admitidas no XI Campus Deportivo de Verán Agosto 2020

25 Xuño 2020

O Concello da Estrada informa que despois da valoración das solicitudes recibidas, en tempo e forma, TODAS FORON ACEPTADAS, polo que cada solicitante foi aceptado en todas as quendas que marcou na folla de inscrición. No caso de que se desexe renunciar a algunha das quendas asignadas, deberase comunicar no correo electrónico deste departamento (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do martes día 30 de xuño.

 

cartel campus veran 2020peqAs persoas admitidas para a quenda 1, deberán facer o pago correspondente e entregarlle o xustificante ao seu monitor antes do venres día 3 de xuño. Aquelas que vaian participar en varias quendas xa poden realizar o pago completo de todas as quendas e entregar o xustificante ao seu monitor tamén antes do venres día 3 de xuño.

 

As persoas admitidas para as quendas 2, 3 e 4 deberán realizar o pago correspondente e presentalo no departamento de deportes do Concello da Estrada (4.ª planta) ou envialo o correo electrónico deste departamento (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes do venres día 10 de xullo.

 

Recordamos que o prezo do Campus Deportivo de Verán é de 40 euros por participante e quincena. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (32 euros), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será de balde. Así mesmo, recordamos o número de conta:

 

BANCO SABADELL ES78 0081 2208 230001012603

 

As persoas solicitantes que seleccionaron como opción preferente a quenda 1 (do 1/7 ao 15/7) comunicaráselle o grupo asignado para as actividades e o protocolo para deixar e recoller o/a participante dende o primeiro día da actividade. Recordamos que o punto de chegada será a entrada principal das piscinas municipais, e o punto de recollida será o portal lateral que se atopa a carón do campo de fútbol Manuel Regueiro.

 

As persoas participantes no Campus Deportivo de Verán estarán divididas en 7 grupos de 10 alumnos/as, e para evitar colapsos ou aglomeracións no punto de encontro (PISCINAS MUNICIPAIS), a orde dos horarios de chegada e recollida será a seguinte:

 

CHEGADA:

Grupo A: 8.45 h Grupo B: 8.50 h Grupo C: 8.55 h Grupo D: 9.00 h Grupo E: 9.05 h Grupo F: 9.10h Grupo G: 9:15 h.

 

RECOLLIDA:

Grupo A: 14. 00 h Grupo B: 14.05 h Grupo C: 14.10 h Grupo D: 14.15 h Grupo E: 14.20 h Grupo F: 14.25 h Grupo G: 14.30 h.

 

AGRADÉCESE A MÁXIMA PUNTUALIDADE PARA XESTIONAR CORRECTAMENTE OS HORARIOS DE CHEGADA E RECOLLIDA DOS PARTICIPANTES

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1