Programa de seguridade viaria “Na Estrada faite ver”

09 Xullo 2020

O Concello da Estrada decidira, antes do confinamento polo COVID19, poñer en marcha o programa de seguridade viaria Na Estrada faite ver, que non se puido levar a cabo por mor da situación existente.

 

cartel faite ver 2020Agora, lanzamos esta campaña de concienciación e sensibilización que consta de dous programas: a entrega de chalecos reflectores e a entrega de información básica para transitar ou desprazarse pola estrada con seguridade.

 

O programa repartirá de 500 chalecos entre todos aqueles veciños que así o soliciten ata esgotar existencias para facer máis visibles aos peóns e deportistas nas estradas, e fomentar a seguridade viaria reforzando a sensibilización e a concienciación, sobre todo, dos usuarios máis vulnerables nas estradas: os peóns e os ciclistas.

 

Os clubs deportivos de ciclismo e de atletismo locais recibirán os seus chalecos e información de como transitar, xa sexa andando en bicicleta, realizando carreira ou camiñando pola estrada. Estes desprazamentos deben ir acompañados de condutas responsables por parte dos cidadáns, polo que é necesario respectar as normas de circulación, velar pola propia seguridade e pola dos demais.

 

Así mesmo, con estas pezas que se van distribuír, é posible previr e evitar atropelos. No Concello da Estrada, que conta con moitos núcleos rurais, é importante que os veciños se familiaricen co uso desta prenda que pode salvar vidas facendo uso dela cada vez que se transite pola beira dunha estrada.

 

Os chalecos deben de recollerse nas dependencias de A Estrada Deporte, no cuarto andar do Concello. So se poderán recoller como máximo dous chalecos por persoa, e estarán dispoñibles ata esgotar todas as existencias.

 

 

 flyer faite ver 2020peq

*Prema sobre a imaxe para ampliala.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1