IX Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2018

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a novena edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 200+100 prazas por quenda. Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

 

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos, nados entre o ano 2003 e o ano 2013, e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas.

 

O prezo será de 80 euros por participante e mes. O único desconto no prezo será segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 60 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 30 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito, non habendo opción de facer inscricións por quincenas.

 

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. De quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles nenos/as que non se atopen empadroados no noso concello.

 

As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo, atletismo, judo, kárate e xogos predeportivos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalacións das piscinas municipais.

 

calendario campus ga

 

O Campus Deportivo de verán conta con servicio de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con paradas diante do Concello,  Bar Gran Vía, Ambulatorio e Cafetería Invictus con regreso.

 

Os interesados en formalizar a inscripción deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa-rexistro) dende o luns día 28 de maio ata o venres día 1 de xuño en horario de 9 a 14 horas. Para a quenda do mes de agosto o prazo será dende o día 2 de xullo ata o dia 6 de xullo.

 

No caso de esgotar as prazas ofertadas, realizarase un sorteo para determinar as solicitudes aceptadas.

 

A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas.

 

A documentación a presentar polo rexistro xeral do Concello será:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta. (Para descargala prema aquí.)
  • Fotocopia do DNI do participante.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do participante.

 

Non se aceptará ningunha inscrición que non teña a documentación completa. A ficha de inscrición poderá solicitarse no departamento de estatística (planta baixa) do Concello ou descargala da web municipal.

 

As solicitudes aceptadas comunicaráselle a sua inclusión no IX Campus Deportivo de Verán e terán que facer o pago  antes do venres día 15 de xuño, tendo que presentar o resgardo de pago  no departamento de estatística (planta baixa) do Concello.

 

Aqueles inscritos que non presenten o resgardo de pago antes do comezo da quenda correspondente, quedarán excluidos da actividade, e ocupará o seu lugar o primeiro inscrito da lista de espera.

 

 

cartel campus veran 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1