III Trofeo de Pretemporada - Concello da Estrada

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, organiza este mes de Agosto de 2018, o III Trofeo de Pretemporada Concello da Estrada. Este trofeo esta dirixido os clubs de futbol da comarca e nesta edición contaremos ca participación do CD Estradense B, ADC Guimarei, CD Berres, Vea CF e EEFB Xuvenil A Este torneo intenta xuntar os equipos de fútbol do noso concello e servirá de preparación de pretemporada para os equipos que participan.

 

O formato do trofeo será dun grupo cos 5 equipos participantes, xogando todos contra todos un total de 10 partidos. Os encontros xogaranse tanto entre semana coma na fin de semana nos campos do Manuel Regueiro e no Novo Municipal.

 

O gañador do III Trofeo de Pretemporada Concello da Estrada, será o equipo que mais puntos acade.

 

Descargar información completa.

 

cartel III torneo pretemporada 2018

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1