Unhas 400 persoas competirán no III Campionato Infantil Concello da Estrada

Será o día 20 no pavillón Coto Ferreiro.

 

judo1O club Judo Club Base A Estrada, en colaboración co departamento de Deportes do Concello da Estrada,  organiza o III Campionato Infantil Concello da Estrada, que se disputará o día 20 no pavillón Coto Ferreiro. Agárdase que haxa uns 400 participantes, unha cifra que se vai incrementando cada ano, de 11 clubs diferentes.  Ademais, haberá obradoiros, hinchables e diversos sorteos.

 

No campionato participará as categorías Benjamín A, Benjamín B, Prebenjamín e Alevín. Desde as 10.00 comezarán os Bexamín A e os Alevíns e as 12.00 horas será a quenda dos Benxamín B e dos Prebenxamín. 

 

Ademais da competición, haberá obradoiros e hinchables para o desfrute de todos, independentemente de se participan ou non na competición, así como un que outro sorteo. “Desde o Concello da Estrada estamos encantados co Club de Judo Base porque encárgase das escolas municipais e o incremento do número de alumnos en judo está sendo considerable”, apuntou esta mañá durante a presentación do evento Ismael Pena, concelleiro de Deportes.

 

judo2O número de participantes neste campionato tamén vai en aumento, tal e como confesou Xaquín Baldomir, presidente e adestrador do Judo Club Base. “Este ano estimamos superar os 400 inscritos de 11 clubs contando cos nosos”, sinalou Xaquín Baldomir durante a presentación. Desta maneira, o Judo Club Base estará acompañado polo Judo Club Senín de Cambados, o Campolongo de Pontevedra, o Baixo Miño da Guarda, o Judo Club Pontevedra, o Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, o Judo Club Terras de Santiago, o colexio Vilas Alborada de Santiago, a Universidade de A Coruña, a Asociación Deportiva Ferrolterra e, sendo unhas das novidades, competirá tamén un club portugués procedente de Viana do Castelo.

 

“Os obxectivos deste campionato son por unha banda promocionar o noso deporte no concello, de feito faremos promoción tamén nos colexios como no Pérez Viondi e no de Figueiroa a vindeira semana para informar aos nenos. E por outro lado, motivar aos máis pequenos a seguir practicando, posto que non existe competición oficial nestas categorías de idade, así que non nos queda máis remedio aos clubs que, se queremos acostumalos a actividades precompetitivas, organizar pola nosa conta este tipo de competicións”, apunta Baldomir.

 

Do Judo Club Base a día de hoxe hai 60 inscritos e o prazo para anotarse rematará o mércores e desde a organización prevén incrementar esta cifra.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1