Na I Gala do Deporte do día 21 farase entrega dun agasallo conmemorativo aos premiados das oito categorías

A Estrada celebrará o día 21 a I Gala do Deporte.

 

VII Milla San Silvestre presentacionA cita será a partir das 20.00 horas no Teatro Principal e nela farase entrega dos premios nas categorías establecidas e que serán concedidas polo xurado. O día 1 rematou o prazo para recibir as propostas dos/as 54 entidades, colectivos, asociacións, clubs e escolas deportivas municipais. O xurado, composto por membros de todas as forzas políticas locais e presidido por concelleiro de Deportes, Ismael Pena, contabilizará as propostas, saíndo dous finalistas nominados en cada categoría que se farán públicos e os cales se lle notificará tal decisión, desvelándose e galardoando no mesmo día da gala, despois da deliberación do xurado. “O luns 11 ás 21.00 horas reunirémonos o xurado para ver todas as propostas que presentaron os clubs para elixir aos finalistas, pero non se dirá o gañador ata o día da gala”, indicou Pena esta mañá durante a presentación do evento.

 

A gala estará presentada polo xornalista da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Terio Carrera, que presentará aos finalistas e enunciará o nome do galardón en cada categoría. O premio constará dun recoñecemento simbólico mediante a entrega dun agasallo conmemorativo os premiados en cada unha das oito categorías, que son as seguintes:

 

  1. Mellor deportista da Estrada 2017 (masculina e feminina).
  2. Mellor deportista de base 2017 (masculina e feminina, ata 18 anos. Nado do 2000 en adiante).
  3. Mellor club, asociación, entidade deportiva 2017.
  4. Mellor club, asociación, entidade deportiva de traballo coa base 2017.
  5. Mellor entidade patrocinadora e de apoio deportivo a clubs, asociacións, entidades deportivas e deportistas federados da Estrada 2017.
  6. Mención especial do xurado.

 

O acceso para todos aqueles que queiran presenciar a Gala do Deporte é gratuíto, pero deben de retirar previamente a súa invitación no departamento de Deportes do Concello, sito no cuarto andar da Casa Consistorial, ou en Alcaldía, segundo andar, ata esgotar aforo. As invitacións estarán dispoñibles desde o luns día 11. Ademais, todas entidades, colectivos, asociacións, clubs e escolas terán unha serie de entradas a súa disposición.

 

cartel I Gala do Deporte peq

* Prema sobre a imaxe para ampliala.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1