Declaración responsable de festas e verbenas populares e montaxe de estruturas non permanentes desmontables

Vista a Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm.1 do 2 de xaneiro de 2018, que entrou en vigor o día 2 de xullo de 2018, poñemos a disposición do usuario os modelos de impreso que deberán cumprimentarse para celebrar festas e verbenas populares en establecementos ou espazos abertos ao público, e que afecta tanto ás agrupacións ou asociacións veciñais como ás comisións de festas e aos responsables das estruturas portátiles ou desmontables (orquestras, carpas, atraccións de feira, inchables e outros...)

 

  • Lei 10/2017 do 2 de xaneiro de 2018 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia:
  • Modelo de impreso comisións de festas:
  • Modelo de impreso responsables das estruturas:

 

* En breve, ambos os dous modelos engadiranse ao catálogo de procedementos da sede electrónica do concello.

 

Achegamos tamén o link para acceder á Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.  

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20131227/AnuncioC3B0-201213-0001_gl.html

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1