Biografía Manuel Pereira Valcárcel

Participou nos libros colectivos Intifada (Santiago, 1989), Homenaxe a Miguel González Garcés (A Coruña, 1991), Comercial (Neda - A Coruña, 1998), Muller de doce sal, Homenaxe a Inés Canosa(vtp, Madrid, 2000),é 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enriquez (Vigo, 2001).


Coordinou, xunto con Vicente Araguas, á edición de En transito. Antoloxia de poesía galega en Madrid(O Castro-Sada, 2001).

Naceu en Ouzande ( A Estrada) no ano 1.955.  No  curso 66-67,  o anterior á entrada en funcionamento do Instituto da Estrada,  estudou primeiro de Bacharelato no Colexio Libre Adoptado Inmaculada Concepción. Completou o Ensino Medio en Zaragoza, e cursou Maxisterio en  Madrid, cidade na que segue  residindo, adicándose profesionalmente á docencia na Educación Primaria.

 

Practicamente toda a súa obra está inmiscida dentro  do ámbito lírico, e así  no ano 1.990 atopámonos perante  a súa primeira obra POEMAS DE CINZA ( Do autor, 1.990).  Tardará inda uns cantos anos   en volver  a publicar, feito que ocorrerá con TODO MORTE ( Río  Xuvia Edicións,  1.998), para continuar con ROSA ÍNTIMA ( Espiral Maior, 2.000), INVENTARIO DE FRAGMENTOS ( Libr. Follas Novas), 2.001) e LIBRO DAS VIAXES (  Litoral das Rías, 2.003).

 

Verbo de colaboracións súas  atopamos coa súa colaboración na obra ANTIFADA (Fundación Araguaney, 1.989 e 2.003). Asimesmo colaborou en HOMENAXE  A MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS ( Exma.Deputación da Coruña, 1.991). Tras varios anos volverá a aparecer unha  colaboración súa titulada “ Tres cantigas” na obra  COMERCIAL ( Río Xuvia Edicións, 1.998). A partir de aquí  pezas súas en obras colectivas xa van ser máis cotiás e así temos “ Dicir o teu nome” na obra “ MULLER DE DOCE SAL. HOMENAXE A INÉS CANOSA ( VTP, 2.001);  tamén na obra EN TRÁNSITO. POÉSIA GALEGA EN MADRID ( Ed. do Castro, 2.001),  obra que coordinou xunto con Vicente Araguas; “ Vel – ahí –vén” en 47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRÍQUEZ (Edicións Xerais de Galicia, 2.001);  “ Viaxe de regreso” en O TRAZO ABERTO

( Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2.002 e, finalmente, unha selección da súa obra en 25 ANOS DE POÉSIA GALEGA 1.975 – 2.000 ( II) (  La Voz de Galicia, 2.002).

 

Tampouco a súa pluma lle fuxiu á narrativa, especialmente ao relato curto, como se pode observar en “ Día de Inverno”, inserido na obra 9º CONCURSO DE CUENTOS GALAICO – LEONESES ( Casa de Galicia de León, 1.992), co que gañou o certame na súa novena edición; “ Ao outro lado” en DEIXADE POIS QUE VOE O PAPORROIBO, QUE NOS CONTE CONTOS ( Edicións O Paporroibo, 1.999) e  “ sobremesa” na obra A TEMPO DE FAIOS ( Ed. do Castro, 2.001), co que acadou no accésit ao XXV Premio Modesto R. Figueiredo do ano 1.999).

 

Tamén é un asiduo colaborador en diferentes medios de prensa escrita, coma  “Encrucillada”, “ Luzes de Galiza”, “ Contrarretranca”, “ A Freita”,  “ Tabeirós Terra”,  “ O Correo Galego”...

 

Nas convocatorias dos anos 1.999 e  2.000 obtivo mencións de honor no Concurso  Xornalístico “ Manuel Reimóndez Portela”.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1