Biografía Marcial José González Vigo

Nace una aldea de Ramiráns, Santo André de Vea (A Estrada) no ano 1.945. É técnico Superior de Radiodifusión e Televisión, especialidade en emisións e programación, e  Técnico en Relacións Públicas. Traballou   na Cadena Ser en varias cidades de España e na COPE de Lugo, en sornáis, axencias de noticias e en Televisión  Española. Foi  Premio Galicia de Xornalismo no ano 1.985 Quizais o máis salientáble da súa biografía  sexa o nacer  nunha aldea e vivir de forma temporeira en máis de medio cento de parroquias rurais de Galiza.

 

Son numerosísimos os premios que acadou ao longo da súa vida profesional na Radio, na Televisión e na Prensa.

 

No noso idioma ten publicadas dúas obras. A primeira,  titulada MEDIO CENTO DE GALEGOS E ROSALÍA ( Ed. Celta, 1.983), en colaboración con Xulio Xiz Ramil,  amóanos os guións radiofónicos dos programas que,  so o título da obra, foron producidos en Radio Popular de Lugo e emitidos nas emisoras COPE de Galiza, e que acadaron o “Premio Nacional de Radio”, convocado polo Padreado “Rosalia de Castro” co gallo  do Centenario da publicación de  “Follas Novas”. Posteriormente publicou o extensísimo ensaio (895 páxinas) titulado TERRAS DE LUGO. O libro das parroquias do Concello e da cidade de Lugo (Publinorte de Lugo, 1.996).

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1