A Estrada rural

Autor: García Gómez,  Valentín
Editorial: Deputación de Pontevedra
Descripción:

Reedición do libro de Reimóndez Portela, corrixido, ampliado e actualizado despois de vinte e cinco anos da súa primeira edición. O libro ten a mesma función ca o anterior, recoller e establecer o carácter e riqueza do rural da Estrada.

Incorpórase unha planimetría actualizada na que se delimitan con precisión cada un dos lugares das parroquias estradenses. Tamén se inclúen aspectos coma as novas explotacións agro-gandeiras, a implantación de pequenas e medianas empresas, o acceso ás novas tecnoloxías e o enriquecemento da vida cultural.

a estrada rural
 
 

 

Un soldado da historia

Autor: García Gómez,  Valentín
Editorial: Edicios do Castro
Descripción:

Páxinas que son moito máis que unha simple biografía de Don Alfredo García Caramés, un dos moitos soldados que nos deu a   historia durante a nosa crúa guerra civil, pois as palabras do libro   están impregnadas de alma e sutileza cara este loitador nato que fixo da liberdade o seu escudo vital.

 
 
 

 

Vista Alegre 25 anos de historia

Autor: García Gómez,  Valentín
Editorial: Asociación Cultural Vista Alegre
Descripción:

Co gallo da celebración das vodas de prata da “Asociación Vista Alegre” de Bandeira, o escritor fai un pequeno resumo do que foi a vida desta Asociación desde os seus comezos no verán de 1982, até o día de hoxe.

 
 
 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1