Biografía Valentín García Gómez

Naceu en Abades (Silleda) no ano 1.970. Realizou os seus estudos de bacharelato do IES “Manuel García Barros” da Estrada e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Asimismo é Diplomado en música polo Conservatorio de Santiago de Compostela e tamén realizou o Postgrao e Máster en Administración Local na Facultade de dereito de Santiago de Compostela. É responsáble do Servicio de Normalización Lingüística do Concello da Estrada dende o ano 1.994. Desempeñou, e desempeña, numerosos cargos concernientes á Cultura do noso país; así é presidente do “Recreo Cultural da Estrada”, secretario da “Fundación Castelao”, Membro do Padreado da “Fundación Neira Vilas”, Membro da “ Comisión de Seguimento do Centro de Documentación Sociolingüistica” do Consello da Cultura Galega, Secretario da “    Fundación Cultural da Estrada”, Membro do “Comité de Seguimento do Premio Xornalístico M. Reimóndez Portela,  Membro da Directiva da Asociación Cultural “O Brado” e da  Organización dos “Premios San Martiño de Normalización  Lingüística”, foi Presidente da “ Coordinarora Galega de Traballadores/-as de Normalización Lingüística”, é membro do Equipo de Organización do “Certame Interxeracional dos Pereiriños”.

 

Tamén foi membro fundador do ”Grupo de Teatro Os Tirinautas”, da  “Coral Polifónica Estradense”, de Radio Estrada e da Tele Estrada.

 

É autor da reedición da A ESTRADA RURAL (Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2.004) e colaborou co traballo “Informe-proposta sobre a organización dos servicios lingüisticos” en XORNADAS DE COORDINACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜISTICAS ( Fundación Enclave, 2.003).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1