Biografía Xabier Camba Sanmartín

Naceu en Ouzande  (A Estrada) no ano 1.967. Realizou  os seus estudos de bacharelato no IES “Manuel Garcia Barros” da Estrada. Unha vez rematados estes licenciouse  en Filología Galego- Portuguesa na Universidade Compostela. É profesor de Ensino Secundario e ao mesmo tempo desenvolve un grande labor como Monitor de Tempo Libre, participando moi activamente no movemento asociativo e cultural “A Fervenza” de Ouzande. Foi Presidente da “Asociación Cultural A Estrada”.  Participou  na Xunta Directiva da “Asociación de Tempo Libre Mistura”, formando na actualidade parte da súa “Escola”.

 

Foi autor da extensa unidade “A Nova Narrativa” dentro da HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (ASPG-A Nosa Terra, 1.996) e ademais autor de A NOVA NARRATIVA. ANTOLOXÍA (ASPG –A Nosa Terra, 1.997).

Por outra parte colaboro unas seguintes obras: A EUROPA DAS LINGUAS. Achegamento á realidade lingüística basca, galega e bretoa (ASPG, 2.002) e na unidade didáctica CASTELAO E NÓS (ASPG, 2.000). Ademáis é un asiduo colaborador da revista “   Carreiros”, órgano de expresión da A. C. “Fervenza” de Ouzande (A Estrada). Tamén   é partícipe na elaboración de dúas obras de ensino no Bacharelato  Así temos: LINGUA E LITERATURA.1º BACHARELATO (Consorcio Editorial Galego, 2.003) e LINGUA E LITERATURA GALEGA. 2º BACHARELATO (Consorcio Editorial Galego, 2.003).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1