Manuel Cabada Castro, Paixón poética e militancia galeguista, Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) (O Castro, Sada, Edicios do Castro, 2001).


Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) é un importante poeta e político galeguista do que ata agora non existe ningunha detallada biografía. Este volume pretende encher dalgunha maneira este baleiro, vencellando ó tempo a súa actividade as circunstancias sociais, políticas e ideolóxicas dunha época moi decisiva na historia do país galego.

Relacionado con persoeiros importantes do seu tempo como Otero Pedrayo ou Amor Ruibal, do que foi secretario particular, soubo uni-la sensibilidade da poesía co pulo e a fortaleza da polítíca. O centro e a preocupación fundamental da súa vida foi, sen dubida, Galicia. Vencellado con anterioridade ás "Irmandades da Fala", pertence en 1931 ó comité provisional da "Agrupación Nazonalista" de Santiago, participando a finais deste mesmo ano na fundación do Partido Galeguista.

Desprazado da súa terra desde 1933, morrerá prematuramente ós 34 anos de idade, pouco antes do comezo guerra civil do 1936. Co gallo de se cumprir neste ano 2001 o primeiro centenario do seu nacemento, o lector ten agora a posibilidade de achegarse máis doadamente á súa vida e á súa obra.

 

Nas páxinas 255 a 258 desta obra figura unha ampla bibliografia sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1