Os expedicionarios irmandados coa Estrada visitan o Parlamento de Galicia

13 Marzo 2019

Seguindo o itinerario programado para hoxe, os expedicionarios irmandados coa Estrada  procedentes de cinco cidades europeas visitarán as instalacións do Parlamento de Galicia, onde tiñan previsto un encontro con outros políticos que lles ofrecerán unha explicación acerca da historia da democracia na comunidade e asistirán a un debate sobre a participación e o empoderamento da cidadanía no proceso democrático.

 

Durante a tarde realizarán unha visita guiada á catedral e aos lugares máis emblemáticos da cidade do apóstolo, na que se lles dará a coñecer a importancia da catedral e do Camiño de Santiago vinculado a ela, así como do patrimonio histórico que envolve, non só a cidade, senón a toda a rexión.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1