Xa publicadas as bases dos concursos literarios Manuel García Barros e Avelina Valladares

11 Marzo 2019

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada publicou esta mañá as bases que rexerán os concursos literarios da localidade; a XXXI edición do premio de novela Manuel García Barros (Ken Keirades) e a XXIII edición do premio de poesía Avelina Valladares.

 

Segundo as bases, poderán concorrer aos concursos as persoas de calquera nacionalidade que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega acorde á normativa oficial vixente, agás os gañadores das cinco últimas edicións dos premios de novela para o mesmo.

 

Os orixinais que opten a ambos concursos deberán remitirse por quintuplicado (o de poesía) e por sextuplicado (o de novela) antes do 3 de maio á Casa do Concello, sita na Praza da Constitución, 1, 36680, A Estrada, Pontevedra.

 

Ambos galardóns ofrecen dotacións económicas que se sitúan entre as máis salientables outorgadas en concursos literarios a nivel local; cunha contía de 9.000 euros no caso de certame de novela e de 2.000 no caso da composición poética.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1