"Bernarda" de Malasombra Producións

25 Febreiro 2019

A historia dun choque xeracional, este venres 1 de marzo ás 21.00 horas no Teatro Principal.

 

cartel bernarda2019

 

BERNARDA
Malasombra Producións


DÍA: Venres 1 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Adultos
ENTRADA: 5.00 € (entrada anticipada en Cultura)

 

SINOPSE: Bernarda, ao quedaren viúva, intenta que todo siga sendo igual que sempre, e que as “malas” influencias dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen a afectar ás súas fillas.

 

Bernarda non entende a música yeyé, nin as minifaldas, nin ningunha das novas modas da xuventude da época. A súa intención é que mentres viva, nada cambie. A peza fai unha relectura da Casa de Bernarda Alba con algunha das mellores actrices da escena galega.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1