Anuncio da convocatoria dos cursos Celga

20 Febreiro 2019

Dende o Servizo de Normalización Lingüística informamos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia a convocatoria, con carácter voluntario e gratuíto, dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

 

As persoas que desexen participar nestes cursos deben cubrir o formulario da solicitude, segundo o modelo PL 600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura e Turismo da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse presencialmente no portelo da Xunta habilitado no Rexistro do Concello da Estrada.

 

As persoas que desexen participar nos cursos de teleformación deben cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia; e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 11 de marzo. Para máis información poden consultar a ligazón:

 

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0270/convocatoria-cursos-preparatorios-das-probas-para-obter-certificados-celga-1

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1