Triangular feminino pola XIII edición do Memorial Coto Ferreiro

08 Febreiro 2019

O vindeiro martes, 12 de febreiro, disputarase a partir das 20:30 da tarde un triangular feminino de fútbol sala pola XIII edición do Memorial Coto Ferreiro que terá lugar no pavillón homónimo. Os tres equipos participantes no evento serán o Cidade de As Burgas Fútbol Sala, o Poio Pescamar Fútbol Sala e o Pastelería Cervela A Estrada Futsal.

 

triangular2019Este acto pretende honrar a memoria do concelleiro de Deportes, Coto Ferreiro, explicou o concelleiro de Cultura Juan Constenla, que convidou á veciñanza a participar deste acto gratuíto destinado á lembranza dunha persoa adicada ao mundo do deporte.


Pola súa parte, o presidente de A Estrada Futsal, José Manuel Reboredo, asegurou que este memorial persigue dous obxectivos. Por un lado recordar a figura de Coto Ferreiro, tanto na súa etapa xuvenil, como deportista, como a de político e por outro, a de achegar o fútbol sala aos mozos e mozas da localidade e animalos a participar desta disciplina deportiva.


E proseguiu aclarando que este evento conta xa cun prestixio adquirido ao longo das sucesivas edicións polas que pasaron equipos de primeira división nacionais e do veciño Portugal, así coma femininos, e indicou deste xeito que o Pescamar se atopa actualmente clasificado no oitavo posto da primeira división, e o Burgas ocupa a terceira posición na segunda división.


Para rematar ambos expresaron a súa satisfacción por poder organizar o evento e agradeceron a participación das diferentes institucións e patrocinadores que, ademais do Concello da Estrada, o fan posible, como son a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Galega de Fútbol e a cervexería Eureka e pediron a asistencia dos veciños ao evento que lembraron, é gratuíto.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1