Celebrarase mañá a entrega de premios do Panic nos Minicines Central

07 Febreiro 2019

Mañá, 8 de febreiro, celebrarase a partir das 23:30 horas nos Minicines Central, a entrega de premios de fotografía e curtas presentadas a concurso na VI edición do Festival Panic. A cerimonia de entrega de premios estará conducida polo presentador, Fran Campos.

 

Máis de 30 obras se disputarán os premios para as diferentes categorías. O de curtas, galardoado con 300 euros en metálico; o de fotografía para a categoría de máis de 18 anos, galardoado cun premio en metálico de 150 euros e o de fotografía para a categoría de menos de 18 anos, co que se entregará ao gañador un bono de compra de ACOE por valor de 150 euros.

 

Trala cerimonia procederase á proxección da última das películas programadas para o ciclo de cine, cuxo inicio está previsto para a medianoite, como é habitual durante o festival. Nesta ocasión o filme elixido será Revenge, un trhiller de vinganza catalogado como unha das películas máis controvertidas de 2017.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1