O Concello da Estrada contratará a 28 persoas desempregadas co Plan Concellos da Deputación

05 Febreiro 2019

O Concello da Estrada contratará a 28 persoas desempregadas mediante o Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, correspondente á liña 3 do mesmo, encargada de impulsar o emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

A subvención concedida pola Deputación a estes efectos ascende a 362.861,10 euros que permitirán ao Concello contratar 3 conserxes, 6 varredores, 3 limpadores, 4 peóns forestais, 4 peóns de obras públicas, 4 axudantes de albanelería, 2 axudantes de pintura e 2 axudantes de electricista.

 

Para optar aos postos de traballo as persoas desempregadas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego non ocupadas nalgunha das categorías citadas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1