O Viveiro de Empresas acollerá mañá un taller para autónomos e pequenas empresas

29 Xaneiro 2019

O Viveiro de Empresas da Estrada acollerá mañá entre as 19:00 e as 21:00 horas un taller gratuíto, dirixido aos autónomos e pequenas empresas, baixo o título “Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero”.

 

Esta proposta enmarcase dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra, que presta os seus servizos en horario de mañá e de tarde no Viveiro de Empresas cada primeiro e último mércores de mes.

 

O taller centrarase en ensinar aos asistentes as características a resaltar á hora de reforzar e definir a identidade de marca das súas empresas para convertelas en algo recoñecible para todo o mundo. Para acudir ao evento é preciso preinscribirse por medio do número de teléfono 886202020, a través da páxina web www.smartpeme.es ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Durante a xornada, técnicos cualificados en materia TIC prestarán un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e as Novas Tecnoloxías aos destinatarios do servizo, autónomos e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros).

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1