Mañá cercaranse as rúas polas que discorrerá a cabalgata de Reis a partir das 15:00 horas

O Concello establecerá mañá un valado de seguridade a partir das 15:00 horas ao longo do percorrido que seguirán as carrozas da cabalgata de Reis. O itinerario comezará na Baiuca ás 18:30 horas e rematará fronte ao Consistorio aproximadamente unha hora despois.


A comitiva saíra da Baiuca e percorrerá as rúas Varela Buxán, Fernando Conde, Ulla, Calvo Sotelo, Praza de Galicia e Benito Vigo antes de chegar ao final do traxecto e ocupar o palco instalado fronte a Casa do Concello, segundo informou hoxe o tenente de alcalde, Juan Constenla.


A cabalgata estará composta por cinco carrozas; catro por parte do Concello e unha por parte de ACOE, que transportarán a máis de 100 cativos e 800 quilos de caramelos sen gluten. Ademais, na comparsa haberá unha ducia de cabezudos e xigantes, unha máquina de neve artificial e outra de confeti.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1