A reforma da Alameda continuará a partir do luns co aporte de terras

03 Xaneiro 2019

As obras de reforma da Alameda continuarán a partir do luns co aporte de terras de recheo, para o que se empregarán 5.000 metros cúbicos de material. Rematadas as datas do Nadal, retomaranse tamén o luns os traballos que se estaban levando a cabo na Avenida de Fernando Conde, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

 

Ao longo da cuarta semana da xaneiro comezarán tamén os labores de asfaltado na localidade, tanto no rural, cun custo de 660.000 euros dos que se encargará a empresa Covsa, como urbanos, dos que se encargará Taboada y Ramos e que contan cun orzamento de 340.000 euros.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1