O 31 de decembro celebrarase a VIII Milla San Silvestre Estradense

O Concello da Estrada organiza por oitava vez a Milla San Silvestre Estradense para o día 31 de decembro con motivo da despedida do ano. Unha proba de carácter lúdico, non competitivo e solidaria, na que se entregan dorsais a cambio de comida.

cartel san silvestre2018

 

 

A inscrición para a carreira é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro 28 de decembro, pero haberá que formalizala igualmente a través da páxina web www.emesports.es. Sen embargo, para a retirada dos dorsais, á que se poderá proceder o día mesmo da carreira a partir das 16:00 horas, será preciso trocalo por algún tipo de alimento non perecedoiro que o Concello entregará a Cáritas Parroquial, segundo informou hoxe o concelleiro de Deportes, Ismael Pena.

 

 

De cara á proba haberá dous circuítos orientados para as diferentes categorías. Un de 100 metros para a categoría “pitufo”, para os nados de 2013 en adiante e outro de 800 metros (media milla) para as demais categorías, ao que os nados entre 2005 e 2012 darán unha volta e todos os demais darán dúas, a fin de completar unha milla. Ambos circuítos terán saída e meta na Praza do Concello.

 

 

O director de Cáritas Parroquial, José Manuel Vázquez, expuxo o seu desexo de que este ano se consiga superar a cifra de 700 quilos de alimentos recollidos na anterior edición da carreira, que forma parte da Operación quilo de Nadal, e lembrou a importancia de doar alimentos como aceite, galletas, cacao, legumes e conservas para complementar a pasta, que sempre é o máis recollido. Deste xeito nútrese a despensa da organización con produtos que se reparten durante todo o ano.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1