Á venda as entradas para os espectáculos infantís de Nadal a partir do venres

19 Decembro 2018

O departamento de Cultura do Concello da Estrada dispensará as entradas para as obras de teatro infantil de Nadal a partir do venres. Todas elas terán un prezo de 3 euros para os espectáculos programados entre o 26 e o 29 de decembro.

 

A primeira das obras, Retrete Cabarete, interpretarase o 26 de decembro a partir das 12:00 horas no Teatro Principal. Tratase dunha interpretación posta en escena mediante o emprego de títeres con globos, a través dos cales se representará a narrativa da historia.

 

O día 27 á mesma hora comezará a función Baleadas, da Compañía Trespediante e os días 28 e 29, o artista Tiam Gumbau, de El Teatre de l´home dibuxait, interpretará sobre as táboas as obras Piedra a piedra e Screen man, ambas con dous pases diarios con horarios de 12:00 a 12:35 e de 13:30 a 14:05 horas.

 

As entradas poderán retirarse tamén na billeteira do teatro momentos antes do inicio das funcións.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1