A Estrada porá en marcha outra edición de actividades contra a dependencia

O Concello da Estrada porá en marcha un ano máis unha serie de actividades para combater a dependencia nas persoas maiores. Este luns abriu o período de inscrición para a actividade de piscina orientada á veciñanza de máis de 50 anos, que permanecerá aberto ata o vindeiro 3 de xaneiro, e proximamente abrirase o prazo de inscrición para as demais actividades.

 

Ante a resposta tan positiva da xente que conforma os distintos grupos, trinta e dous en parroquias e sete no casco urbano, o Concello está a traballar na posta en marcha dunha nova edición, para o que se abrirá un novo prazo do 7 ao 25 de xaneiro para que as persoas interesadas podan inscribirse nas demais actividades, tales como xerontoximnasia, zumba de mantemento, memoria e musicoterapia.

 

O prezo é de 30 euros ao ano por actividade, que algunhas persoas pagan de xeito unitario e outras en dous prazos de 15 euros cada un, salvo a actividade de piscina, que ten un prezo de 20 euros por trimestre a excepción do primeiro que, por ser máis curto, custa 15 euros.

 

No caso de existir lista de espera, as persoas anotadas no trimestre en curso terán preferencia para o seguinte, pero esa preferencia non se conserva dun ano a outro. Ademais, as persoas que falten de xeito inxustificado durante máis de un mes ás actividades nas que estean inscritos perderán a súa praza, que pasará á seguinte persoa da lista de espera.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1